jueves, 19 de diciembre de 2019

05. Radio Vedruna celebra o Nadal

Chega o Nadal e dende o equipo de Radio Vedruna quixemos facer un especial musical destas festas.
Primeiro falamos e explicamos un pouco o Quebranoces, un dos ballets e unha das músicas que máis se asocian ao Nadal.
E despois, partindo dunha listaxe inicial de 36 cancións, recompilamos algunhas das novas cancións de Nadal que saíron para este 2019.
Dende o equipo de Radio Vedruna queremos desexar Bo Nadal e que teñades un gran comezo de 2020. Que o descanso nestas vacacións sirva para gozar da familia e para recargar as forzas de cara ao que nos queda de curso.
Bo Nadal. Feliz Ano.
Moitas grazas por escoitar Radio Vedruna. Moitas grazas por escoitar Carmelitas en la Onda.

martes, 10 de diciembre de 2019

04. Radio Vedruna celebra o Día da Tolerancia



O 16 de novembro celébrase o Día da Tolerancia polo que o programa desta semana está íntegramente relacionado con este tema.
Ashley e Marta comezan coa súa editorial sobre esta conmemoración e as razóns que levaron á Unesco a escoller esta data.

Eirín e Miriam presentan o clube de rap do cole e entrevistan a Javi, un membro do mesmo.

Íker e Sophie entrevistan a Noemí unha das mediadores do cole, un grupo de alumnos que traballan activamente pola tolerancia e o respeto na escola.

E por último, Zoe e Cayetana comentan e recomendan El lápiz mágico de Malala.

Agardamos que vos guste. Grazas por escoitar Radio Vedruna. Grazas por escoitar Carmelitas en la Onda.

Imaxe relacionada

martes, 3 de diciembre de 2019

03. Radio Vedruna no Magosto



O tempo de outono semella que non quere chegar, mais o das tertulias non o deixamos escapar. Así que aquí estamos de novo a voltas coas nosas lecturas, coas nosas novas máis interesantes e destacadas acompañados sempre da boa música e do pracer de compartir o noso espazo con vós.

Ashley e Marta comezan coa súa editorial semanal, neste caso falan do magosto.
Eirín e Miriam entrevistan a unha compañeira do Clube de Debate do cole.

Sara e Belén entrevistan a Laura para que poidamos descubrir o deporte da hípica.
As rapazas e os rapaces de 4º de ESO contan a súa experiencia en Irlanda, a onde foron de intercambio co PiliVigo.

E Zoe e Cayetana adican a súa sección de recomendacións de libros a Wonder en concreto e aos libros de realidade, para o cal entrevistan a Blanca, que é unha auténtica fan deste xénero.
Agardamos que vos guste. Grazas por escoitar Radio Vedruna. Grazas por escoitar Carmelitas en la Onda

martes, 12 de noviembre de 2019

02. Radio Vedruna en el Samaín y Halloween


Ashley e Marta comezan coa su editorial semanal sobre o Samaín e o Halloween.
Rocío e Eirín contan as novas máis destacadas da semana.
Irene e Íker entrevistan a un grupiño de alumnos de 4º de ESO que estiveron en Irlanda de intercambio co PiliVigo.
Belén e Sara achéganos un novo deporte minoritario, pingpong. E non o fan soas, traen a un invitado para que fale de primeira man sobre este deporte.
E Zoe e Cayetana recoméndannos libros de terror aproveitando o Halloween.
Agardamos que vos guste. Grazas por escoitar Radio Vedruna. Grazas por escoitar Carmelitas en la Onda.

lunes, 28 de octubre de 2019

Recreo bibliotecario

Queremos que a biblioteca do cole sexa un espazo aberto e acolledor. Polo que a biblioteca estará aberta tódolos días durante os recreos. Podedes achegarvos a ler, estudiar, facer as tarefas, traballos en grupo...Tamén temos habilitado un servizo de préstamo, así que podedes coller un libro e levalo para casa. 
Hoxe tivemos unha actividade frenética. Arredor de vinte rapazas e rapaces pasaron esta mañá pola biblioteca durante o recreo.
Ánimate a entrar nun mundo cheo de libros cos que poderás viaxar a mundos marabillosos.

viernes, 25 de octubre de 2019

Día da Biblioteca



 O xoves 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e, co gallo desta festividade, fixemos un programa especial de Radio Vedruna na biblioteca do cole.
Este foi o noso humilde homenaxe ás bibliotecas cun coloqui sobre os libros que estamos lendo, libros que nos gustaron e que queremos recomendar. Tamén contamos as nosas experiencias coas bibliotecas.


Ata o mimuto 49 podedes escoitar o coloquio e recomendacións por parte do noso equipo habitual.
A partires de minuto 50 a biblioteca cobra vida pola visita dos máis pequenos do cole. Os rapaces de primaria falan dos seus libros preferidos.

Foi unha experiencia marabillosa e unha conversación moi agradable.
Moitas grazas a tódolos alumnos que participaron.




Feliz Día das Bibliotecas










miércoles, 23 de octubre de 2019

02. Radio Vedruna en el Domund


Esta semana os traemos un programa super interesante.
Marta y Ashley comienzan con una editorial sobre el Domund y nos ayudan a tomar conciencia del mundo que nos rodea.
Rocío e Irene nos cuentan las noticias más importantes que han pasado en las últimas semanas y lo que va a pasar en el cole en los próximos 7 días.
Iker e Irene nos relatan la entrevista que han hecho a la profe Carmen sobre el Domund.
Belén y Sara arrancan su sección de Deportes minoritarios con la Natación Sincronizada.
Cayetana y Zoe nos recomiendan “El bestiario de Axlin”, el primer libro de la saga “Guardianes de la Ciudadela” de Laura Gallego. Recuperamos nuestras píldoras Harrypoterianas y todo ello amenizado con unas canciones que Rocío nos recomienda.
Espero que disfrutéis de este programa de Radio. Muchas gracias por escuchar Radio Vedruna. Muchas gracias por escuchar Carmelitas en la Onda.